Benvido a RELAGA

RELAGA é o Rexistro onde se inscriben os Laboratorios e Entidades de Control da Calidade da Edificación de Galicia habilitados para o exercicio da súa actividade, onde se atopa información destas empresas.

Son entidades de control de calidade da edificación aquelas capacitadas para prestar asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, dos materiais e da execución da obra e as súas instalacións de acordo co proxecto e a normativa aplicable.

Son laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación os capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a realización de ensaios ou probas de servizo dos materiais, sistemas ou instalacións dunha obra de edificación.

Requisitos para a habilitación no exercicio da actividade e inscrición no rexistro:

Co obxecto de exercer a súa actividade e inscribirse no rexistro, as ECCE e os LECCE deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Cumprir os requisitos xerais, técnicos e de calidade establecidos para a realización dos ensaios e as probas de servizo nos que vaian a prestar a súa asistencia de acordo co Anexo II do Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos esixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade.

b) Presentar a declaración responsable ante o órgano competente da comunidade autónoma, con caracter previo ao inicio da súa actividade xunto co xustificante do pago de taxas relativas á declaración e a documentación complementaria seguinte:

  • - Relación de ensaios e probas para os que se declara, no caso de laboratorio e relación de Campos de actuación, no caso de entidade.
  • - Organigrama funcional da empresa e organigrama do persoal da ECCE, coa súa titulación, formación e experiencia
  • - Lista de medios ou equipos de que dispón e as súas características técnicas
  • - Xustificante de pagamento do seguro de responsabilidade, avais ou fianzas
  • De ser o caso:
  • - Xustificante de selos ou certificados de calidade
  • - Relación doutras localizacións onde presta asistencia e campos de actuación

O órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia para a verificación, o control e a inspección das ECCE e dos LECCE, así como para a recepción da declaración responsable que lles habilita para o exercicio da súa actividade e as consecuencias administrativas derivadas da mesma é o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Os pasos para inscribirse no Rexistro son...
2

Crear ou modificar o borrador cos datos recibidos por correo electrónico para cubrir a información requirida.

3

Unha vez completado o borrador debe ser finalizado para poder descargar a documentación complementaria en formato PDF.

5

E por último: realizar no portal da Sede electrónica da Xunta de Galicia a presentación da declaración responsable achegado a documentación xerada nos pasos anteriores.

Os pasos para a modificación do rexistro son...
1

Iniciar sesión na súa área privada

2

Crear formulario de modificación de datos

3

Unha vez completado o formulario de modificación debe ser finalizado para poder descargar a documentación complementaria en formato PDF.

5

E por último: realizar no portal da Sede electrónica da Xunta de Galicia a presentación da declaración responsable achegado a documentación xerada nos pasos anteriores.